GUÍA INFORMATIVA DA GRANXA ESCOLA SERANTELLOS
“VIVE O RURAL” 2027
Datos
Teléfono: 639 030 802
Correo de contacto: granxaescola@salesianoscambados.es
Enderezo do establecemento: Serantellos, 1, 36639 Cambados
Horario de apertura: de 10.30 a 17.00 h
Accesibilidade: non todas as instalacións están adaptadas para persoas con mobilidade reducida
Núm. de rexistro no Rexistro de Instalacións Xuvenís da Xunta de Galicia: 36-GE-01
Ligazón á páxina web ou redes sociais:
Facebook: @granxaescola.serantellos
Instagram: @granxaescola_serantellos
https://serantellosgranxaescola.blogspot.com/
Condicións xerais da visita
Opcións de visita.
Ofrécense tres modalidades:
1. Medio día sen comida. De 10:30 a 13:30 h
2. Medio día con comida. De 10:30 a 15:00 h
3. Día completo (con ou sen comida). De 10:30 a 17:00 h
Opcións de alimentación.
Ofrécense dúas modalidades:
1. CON COMIDA: menú elaborado na cociña da granxaescola. Hai dispoñibilidade de menús adaptados a alerxias, intolerancias e necesidades dietéticas especiais, previo aviso.
2. SEN COMIDA: as persoas participantes levan a súa comida de casa e poderán empregar as instalacións da granxaescola.
TARIFAS (ano 2027)
Política de reservas. A reserva realízase por teléfono ou Whatsapp (639 030 802) ou por correo electrónico (granxaescola@salesianoscambados.es).
Catálogo de actividades
A NOSA AMIGA A GRANXAESCOLA SERANTELLOS
Rango de idade: educación infantil e primaria.
Número mínimo e máximo de participantes: 15 e 80, respectivamente.
Datas recomendadas: de xaneiro a abril e de setembro a decembro.
Descrición da actividade (medio día):
Benvida. Presentación do equipo de monitorado da granxa escola.
Os animais de Serantellos. Achegamento aos mamíferos e ás aves da granxa escola. Aprenderanse as características e coidados que require cada especie, alimentación e coidado..
Petisco. Breve pausa para recargar enerxías.
O forno de Mamá Margarita. No obradoiro de pan artesanal realizarase todo o proceso (moer, peneirar, amasar, cocer...).
Rango de idade: educación infantil e primaria.
Número mínimo e máximo de participantes: 15 e 80, respectivamente.
Datas recomendadas: de xaneiro a abril e de setembro a decembro.
Descrición da actividade:
Mañá:
Benvida. Presentación do equipo de monitorado da granxa escola.
Os animais de Serantellos. Achegamento aos mamíferos e ás aves da granxa escola. Aprenderanse as características e coidados que require cada especie, alimentación e coidado.
Petisco. Breve pausa para recargar enerxías.
O forno de Mamá Margarita. No obradoiro de pan artesanal realizarase todo o proceso (moer, peneirar, amasar, cocer...). Por suposto, pódense elaborar outros produtos artesanais de forma sinxela (rosquillas, galletas de xenxibre, avea, etc.).
Comida.
Obradoiro da horta ecolóxica. Traballos relacionados coa horta ecolóxica:
Recollida e clasificación de produtos hortícolas e sementes.
Compostaxe.
Métodos tradicionais de cultivo.
Elaboración de bolsas de sementes da granxa
Plantas aromáticas e medicinais, sacos de olores, infusións do mundo
Preparación de esponxas naturais.
Despedida.
Rango de idade: educación infantil e primaria.
Número mínimo e máximo de participantes: 15 e 80, respectivamente.
Datas recomendadas: de setembro a decembro.
Descrición da actividade:
O outono é unha época magnífica para descubrir un mundo cheo de cor e cambios: un momento para mergullarse na natureza e na súa riqueza, un tempo de transformación e descubrimento.
Pode ser de medio dia o de día completo
Os animais de Serantellos. Coñecer os animais domésticos que comparten a nosa vida cotiá na granxa e descubrir algunhos dos que habitan os nosos xardíns.
O forno de Mamá Margarita. Preparar deliciosas galletas de xenxibre e facer un tradicional magosto...
Obradoiro da horta ecolóxica. Traballos relacionados coa horta ecolóxica:
Recollida e clasificación de produtos hortícolas e sementes.
Elaboración de bolsas de sementes da granxa (cabazas, xirasoles, millo etc.).
Plantas aromáticas e medicinais, sacos de olores, infusións do mundo…
Elaboración de xoguetes: con materiais da nosa contorna natural.
Cabazas danzantes
Asubíos para comunicarse cos paxaros.
Instrumentos que imitan o chío do moucho e da curuxa
Bonecas e figuras pequenas feitas con follas de millo.
Imáns ou colgantes de madeira.
Xogos tipo xincana para aplicar os coñecementos adquiridos.